Información Extra
Se o aiku como forma poe´tica sufriu unha decadencia nota´bel no s. XIX, un poe- ta como Shikki recuperou esta forma tradicional co cultivo de poemas longos e ampla liberdade formal e tema´tica, asi´ como a creacio´n de imaxes poe´ticas moi distantes do imaxinario este´tico xapone´s. E foi sobre 1905, nun momento difi´cil cal foi a apertura do Xapo´n a´s formas da cultura occidental, cando, desde a achega a´s formas occidentais e a´ novela rusa, a influencia desta literatura se fixo relevante coa introducio´n dun le´xico anovador e o cambio de formas me´tricas. Entre as antoloxi´as de aikus que podemos frecuentar, algunha recolle unha carta de Shikki aos compositores de tankas, de 1898, na que desde un afa´n renovador, o poeta recomenda a moderacio´n e a sobriedade, baseando a expresio´n na suxerencia para non desvelar por completo. Algo que sabemos desde a pintura impresionista. Na nosa e´poca, neste tempo en que a informacio´n chega ma´is que nada a trave´s da gran rede, podemos observar a expansio´n e influencia do aiku, que goza hoxe dun nota´bel intere´s como experiencia poe´tica e arti´stica. So