Información Extra
Continuación da historia protagonizada por Chi e Pelo Roibo de "Antes de durmir" de gran éxito internacional abordando temas coma os celos, segredos e inclusión. Ao pequeno raposo non lle gusta o inverno porque o seu amigo o leirón hiberna e el queda só. Pero esta vez atópase cun teixugo, Bas e faise amigo del. Xuntos divírtense moito e, cando chega o momento en que Chi (o leirón) esperta, o raposo non sabe se presentar ao novo amigo ou esconderlle esta novidade.O temor de que o leirón poida querer ao teixugo máis que el fréao de revelarlle a verdade. Así trata de ocultalo dividíndose entre os dous amigos. Pero a maneira de comportase de pequeno raposo fan que Chi sospeite e pronto descobre a existencia de Bas. Os tres convértense en grandes amigos e dannos unha gran lección, no corazón de cada un de nós hai lugar para moitos amigos aos que querer.